4.4.12

Tremer de man.

" pasiño a pasiño faise camiño "

Comezo.

Dende o meu parecer, toda presentación precisa dunha previa introducción que axude a poñerse no contexto do que se pretende comunicar e facer chegar á xente que agardo olle este espacio que hoxe comeza:

chámome Mariña Otero, teño 23 anos e actualmente atópome en Madrid facendo un Máster de comunicación política e empresarial. Estudiei Dereito na USC e despois de moito pensar, decidín embarcarme nunha nova andaina que me levou á capital para completar a miña formación agora fai case uns 6 meses. 

Ademáis diso, eventualmente, traballo como modelo para todo aquel que precisa dunha axuda ou colaboración nos novos proxectos que están a desenvolver facendo campañas para Nike, Swatch ou Kling, entre outros, ó tempo que como xa dixen, finalizo os meus estudos de especialización no eido da comunicación e mediación empresarial.


Pois ben ...

dende hai uns meses rondábame pola cabeza a idea de crear un blog no que poder ir comentando os meus movementos, acontecementos e vivencias dende Madrid, cidade na que actualmente resido, cara os distintos lugares que me poidan deparar. 

Este pequeno e humilde proxecto xurdiu da necesidade de crear un espazo exclusivamente en galego no que aunar textos e fotos que engloben temáticas como viaxes, exposicións, concertos, estilismos ... en definitiva: novas de todo tipo e clase co obxetivo de facervos partícipes de todas e cada unha das entradas que irei publicando.

Así, ocurriuseme darlle a este espazo a forma dun caderno de bitácora ben bonito e co recendo característico dun caderno novo no que poida enchelo de experiencias, sensacións e reflexións sobre todo o que me vaia acontecendo dende este preciso intre.

Agardo que disfrutedes del tanto como eu e, como non,colaboredes activamente con toda a liberdade do mundo.

Con boa letra e colledo folgos ... 


3,2,1 ...


Comezo.


Foto: estación de metro Tribunal de Madrid, un domingo de camiño ó Retiro.




2 comentarios: