7.4.12

Verdadeiras sorpresas da vida.

E falo de Alberto Saguar. 

Alberto Saguar é un xenio que, fai escasamente un mes, viu a miña casa en Madrid mentras eu traballaba pola mañán. Sabía que un tal "Alberto" viría a facerlle fotos ó meu compañeiro de piso, Adán, para o seu lookbook pero son desas informacións que non quedan retidas na mente e que, de feito, teñen que volver a insistirche nelas para lembrarte de que van a pasar.

Unha vez que saín da axencia cunha hora e media para comer e tendo que coller o metro, falei co meu outro compañeiro de piso, David, para saber como estaba indo a sesión e as súas palabras foron: 

- moi ben pero agora vaiche tocar a ti.

Imaxinádevos a miña cara de cansancio de estar dende as 8 en pé e ter que facer  en escasos minutos fotos para alguén que nin coñecía. Pois así foi e realmente non pensei nun "non" en ningún momento porque son desas locuras que fas sen importarche que non vas a comer ou descansar pero saber que eran con Adán e sendo a primeira vez que posaríamos xuntos, enchíame de curiosidade.

Cheguei a casa e por fin coñecín a Alberto: de meleniña oscura, gafas, cun sorriso enorme e cunha disposición increíble para conseguir o que él quería de nós sempre animándonos e ¡falándonos ata en arxentino e galego!. Un rapaz cun currículum cada vez máis sólido e importante, creador e montador de vídeos para varios grupos musicais do panorama nacional, colaborador de revistas como Tendencias así como tamén partícipe  no eido do audiovisual de campañas de moda como Springfield, entre outros.

Míroo tímidamente despois da correspondente presentación e dígolle:

- ¿cámbiome?.

Unha das cousas que máis me gustou del e que sempre mira fíxamente ós ollos e nesta ocasión non foi menos facendo que eu baixara a cabeza e co seu sorriso tan persoal e de forma totalmente espontánea di:
- Sí, sí, ¡claro!. A temática é: estar dormidiños mostrando moito cariño, compenetración e amor. ¡Imos!.

A miña cara de ... como faga fotos nunha cama, ¡VOUME QUEDAR DURMIDA! quedou bastante patente nese intre, ( que por momentos ¡a piques estiven de facelo!).

Rápidamente collín o primeiro body que me viu á man, uns cullots de encaixe e sen maquillarme nin peinarme, fumos mans á obra: ¡non había tempo que perder!

Falta todavía o verdadeiro resultado final que, cando poida, subirei con moito gusto: 

mantereivos informados ...

E ... ¡Voilá! 








Soa  Lisa Hannigan : 'Knots'  porque se hoxe falo de sorpresas, ela é o meu querido descubrimento deste mes de abril que a piques está a chegar o seu ecuador.

1 comentario: