2.5.12

Eduardo Fernández García.

Comezar o día 2 de maio, día dos fusilamentos onde a cidade está máis que pechada e presta para pasear e mirar simplemente como pasan os minutos, co meu amigo: Eduardo.

Coñecino a través dunha persoa que tiñamos en común e dende ahí, o meu fotógrafo número un, porque máis que iso converteuse nun moi moi bo amigo. Madrid facíaseme enorme e coñecer a xente como él, facíame darlle sentido a unha decisión que non fora fácil tomar: deixar Galiza e vir á capital sen saber o que podía depararme.

Asturiano, emprendedor e con ese humor negro que pode chegar a sacarme das casillas, está presente sempre sen necesidade de velo.

O seu desexo é poder vivir da fotografía e eu confío cegamente nel, ben sei que é tarefa difícil pero non imposible, porque xa coas súas gañas de superarse diariamente comezou coa creación dunha marca de roupa FrescosFam , un primeiro paso para acadar as súas metas e con esas gañas seguro que chega lonxe, seino.

Sen dúbida é das persoas coas que máis cómoda me sinto facendo fotos soando temazos para facer máis amena as ideas que ambos nos xurden e sen parar de rir a cada instante.

Como digo: UNHA EXCELENTE PERSOA E UN VERDADEIRO AMIGO.

Por e para ti, hoxe esta páxina preséntase co teu nome: ROCK.





E hoxe soa .... Kasabian "UNDERDOG" no teu honor.





1 comentario:

  1. Anónimo2/5/12 18:07

    Está guay ver blogs en galego. Levo botandolle un ollo o teu espazo e mola! Que proxectos tes para estes meses? Creo que te vin nunha campaña de Nike se non me confundo eras ti?????? Estudiaches dereito na USC? Joder, pois mira que na Conchi nos atopabamos todos pero de ti non teño idea. Que sigas adelante con isto e moi bo traballo.

    Manteñome informada das tuas novas neste caderno que ofreces

    María

    ResponderEliminar